martes, 30 de xaneiro de 2018

AS FASES DA LÚA

Á volta das vacacións de Nadal chegou a METEOCAIXA as clases de 1º de Primaria. Durante varias semanas o alumnado coas súas mestras estiveron recollendo o nivel de precipitacións, as temperaturas máximas e mínimas, etc.


Tamén aprenderon moitas cousas sobre a LÚA, a mestra levou unha caixa para observar AS FASES DA LÚA. Foi moi divertido e interesante.





xoves, 25 de xaneiro de 2018

HURRICANES

Na clase de inglés estivemos traballando sobre fenómenos meteorolóxicos adversos. Nesta ocasión lemos e comentamos un texto sobre os FURACÁNS. Ademais de aprender feitos interesantes ampliamos o noso vocabulario sobre o tema.
Primeiro enterámonos da definición de furacan, como empezan a formarse e canto poden durar  (What is a hurricane? )

Despois aprendemos o que traen consigo (heavy rain and strong winds) e as consecuencias devastadoras que poden deixar ao seu paso (floods and lots of damage).


domingo, 21 de xaneiro de 2018

PROXECTO METEREOLÓXICO 4º PRIMARIA

Seguindo coa dinámica da aprendizaxe por proxectos, o alumnado de cuarto realizamos o pasado trimestre un bonito traballo de investigación sobre METEOROLOXÍA. Todo xurdiu tras a visita que o alumnado de quinto nos fixo para entregarnos a CAIXA METEOROLÓXICA. 


 Dende ese momento comezamos a traballar. Cada día iamos visitar a caseta meterorolóxica. 

Cos datos recollidos fomos elaborando o climograma de Bueu do mes de novembro.


Queriamos saber máis. Volvemos  repartirnos en equipos e cada un realizou a súa parte.
  • Tempo atmosférico e elementos que o determinan. 
  • Predición de tempo atmosférico e aparatos que se utilizan. 
  • Clima. Factores que o determinan e tipos. 
  • Cambio climático. Causas e consecuencias. 
  • Fenómenos atmosféricos adversos. 
  • Fenómenos atmosféricos misteriosos.
Comezamos a buscar información nos libros da biblioteca escolar ou nos que traiamos da casa. Internet tamén foi de gran axuda así que as visitas á aula de informática foron asiduas.
Aprendemos un montón e tivemos que compartir todos os nosos coñecementos cos nosos compañeiros/as: 
  1. Tempo atmosférico e os elementos que o determinan.






2-Predición de tempo atmosférico e aparatos que se utilizan.






3- Clima. Factores que o determinan e tipos.



4- Cambio climático. Causas e consecuencias




5- Fenómenos atmosféricos adversos.





6- Fenómenos atmosféricos misteriosos:







Aplicamos o aprendido para facer ,de xeito, conxunto un comentario sobre o climograma de Bueu. Este foi o resultado das nosas conclusións.
Asemade, cada equipo investigou o tempo atmosférico dunha cidade, facendo tamén un comentario final.
  •  Clima de Vigo 
  • Clima de Santa Cruz de Tenerife 
  • Clima de Valladolid 
  • Clima de Walvis Bay 
  • Clima de Seattle 
  • Clima de Kiev