martes, 30 de maio de 2017

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS RECOLLEN OS DATOS DO TEMPO

Todos os días ao entrar ao colexio os nenos e nenas de 5 anos teñen como rutina anotar en fichas mensuais o tempo que vai en Bueu. Ao rematar o mes contan cantos días houbo de sol, anubado e con choiva.


luns, 22 de maio de 2017

COMPROBANDO O VENTO CO ANEMÓMETRO

O 27 de abril co gallo dunha saída para ver un teatro en inglés no Centro Social do Mar de Bueu e  aproveitando que facía moito vento decidimos experimentar co noso ANEMÓMETRO.

  
Buscamos un lugar apropiado preto do Centro Social e comprobamos como soplaba o vento do NORDÉS que en Bueu se coñece co nome de NORTADA.

 
Por quendas, os distintos cursos acompañados dos seus mestres/as foron experimentando a forza do vento en diferentes localizacións do pobo.


luns, 8 de maio de 2017

A IMPORTANCIA DA AUGA

Os nenos e nenas de 2º de primaria traballaron con lecturas comprensivas como "OS PRÍNCIPES DO ANO E AS NUBES DE CORES"  a importancia da auga e a necesidade de non malgastala e contaminala.
Ademais, realizaron carteis para concienciar sobre a importancia do seu aforro.