Como remate de curso os nenos e nenas de 2º gozaron da película “Richard, la cigüeña” que axuda a
comprender a migración de certas aves afectadas pola climatoloxía. Nesta caso,
as cegoñas tiñan que migrar a Marrocos mentres que o outro protagonista, o
gorrión, non necesitaba realizar dita viaxe. Co visionado desta película aproveitouse a temática para falar da adaptación dalgúns seres vivos ao medio natural e a necesidade de emigrar por parte de outros para poder sobrevivir.
O alumnado do CEIP Plurilingúe A Pedra, traballa dentro das rutinas diarias da clase de inglés a data e o tempo que vai cada día. Nestes videos pódese observar cal é o procedemento:
Neste curso o alumnado de 6º de primaria do CEIP plurilingüe A Pedra de Bueu, dentro do programa Meteoescolas e a modo de proxecto de fin de etapa levou a cabo un traballo interdisciplinario onde interviñeron as áreas de Lingua Galega, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Matemáticas.
Utilizaron como instrumento de aprendizaxe significativo o traballo cooperativo, distribuíndose o alumnado en equipos de 3 ou 4 compoñentes.
Deste xeito traballaron os estándares de aprendizaxe que tiñan relación con:
O tempo atmosférico, instrumentos que serven para observalo, a garita meteorolóxica, a Lúa, factores que modifican o clima, os climas de España, os fenómenos meteorolóxicos, a formación das nubes, acción do home no medio natural, necesidade de coidar o medio natural, os espazos protexidos.
Ademais, organizaron en táboas as precipitacións mensuais recollidas cos datos observados polo alumnado na garita meteorolóxica do colexio nos 5 primeiros meses deste ano e tamén calcularon as medias mensuais das temperaturas máximas e mínimas. Con toda esta información elaboraron e interpretaron un climograma comparándoo cos datos meteorolóxicos históricos de Bueu.
Tendo en conta que en expresión escrita estudaran a análise e redacción de textos xornalísticos, presentaron a modo de reportaxe a información recollida que acompañaron con imaxes.
Todos os traballos colocáronos no taboleiro de cadansúa clase para posteriormente podelos gravar e traballar así os estándares de aprendizaxe de expresión oral.
Todas e todos puxeron o mellor de seu e aínda que á hora de gravar houbo quen se puxo nervioso e se equivocou, confiamos en que saberedes desculparnos.
E velaí vai o resultado de tanto traballo. Que o desfrutedes!
Todos os días ao entrar ao colexio os nenos e nenas de 5 anos teñen como rutina anotar en fichas mensuais o tempo que vai en Bueu. Ao rematar o mes contan cantos días houbo de sol, anubado e con choiva.
O 27 de abril co gallo dunha saída para ver un teatro en inglés no Centro Social do Mar de Bueu e aproveitando que facía moito vento decidimos experimentar co noso ANEMÓMETRO.
Buscamos un lugar apropiado preto do Centro Social e comprobamos como
soplaba o vento do NORDÉS que en Bueu se coñece co nome de NORTADA.
Por quendas, os distintos cursos acompañados dos seus mestres/as foron experimentando a forza do vento en diferentes localizacións do pobo.
Os nenos e nenas de 2º de primaria traballaron con lecturas comprensivas como "OS PRÍNCIPES DO ANO E AS NUBES DE CORES" a importancia da auga e a necesidade de non malgastala e contaminala. Ademais, realizaron carteis para concienciar sobre a importancia do seu aforro.
O alumnado de 4º de Primaria deu continuidade este curso ao proxecto que empezaran o ano anterior sobre os tipos de nubes,
Na aula de informática fixeron varios LIMs para repasar aspectos importantes, xa traballados, como o clima, o tempo atmosférico e a atmósfera.
Despois de recoller diariamente na garita meteorolóxica do colexio os datos de temperaturas e pluviosidade e a partir dos rexistros de temperaturas, os rapaces e rapazas de 2º practicaron matemáticas calculando as diferencias entre a temperatura máxima e mínima, os números negativos e aproximacións decimais.Así, tamén realizaron pequenos problemas relacionados cos días e os meses: Que día foi o máis caluroso? Que día fixo máis frío?
Un climograma é un gráfico de dobre entrada no que se representan as temperaturas e as precipitacións recollidas nunha estación meteorolóxica.
Consultando os datos recollidos polos distintos grupos do noso colexio,
os nenos e nenas de 5º elaboraron distintos climogramas de Bueu.
Para a elaboración dos climogramas seguimos os seguintes pasos:
1. Fixemos un eixe vertical para representar as temperaturas (TºC), un eixe horizontal para representar os días do mes e outro vertical para representar as precipitacións (P mm).
2. Sinalamos en cada eixe o que imos a representar coas súas unidades (graos centígrados e milímetros).
3. Miramos a temperatura máxima que tiñamos que representar e a mínima, e fixemos o mesmo coas precipitacións para escoller as escalas axeitadas.
4. A continuación, comezamos a representar con puntos as temperaturas no centro de cada día do mes e seguidamente unimos os puntos cunha liña vermella.
5. Fixemos o mesmo coas temperaturas mínimas, pero agora unimos cunha liña verde.
6. Representamos as precipitacións cunha barra azul en cada día do mes.
7. Finalmente, indicamos o significado das diferentes cores utilizadas no noso climograma.
Os nenos e nenas de 2º investigaron sobre o ciclo da auga e a súa importancia para a vida.
Despois os rapaces e rapazas expresaron oralmente todo o proceso, e fixeron debuxos sobre o mesmo.
Tamén, falamos das propiedades da auga e reforzámolo cun anuncio moi popular “Be water, my friend” onde se destaca unha das propiedades da auga que é a súa adaptación a calquera forma:
Os máis pequeniños do cole tamén se sumaron ao proxecto de meteoescolas e acompañados das súas mestras visitaron a garita meteorolóxica no patio de recreo de primaria.
Ademáis cada día, nas follas dun calendario ían pegando iconos co tempo que facía cada día: sol, nubes ou chuvia.