luns, 26 de xuño de 2017

CHUVIA, CHOIVA, CHUVA

O alumnado de 1º foi quen de aprender as 100 maneiras de chamar á CHUVIA en Galicia e o demostraron gravando este video.

RICHARD LA CIGUEÑA

Como remate de curso os nenos e nenas de 2º gozaron da película “Richard, la cigüeña” que axuda a comprender a migración de certas aves afectadas pola climatoloxía. Nesta caso, as cegoñas tiñan que migrar a Marrocos mentres que o outro protagonista, o gorrión, non necesitaba realizar dita viaxe. Co visionado desta película aproveitouse a temática para falar da adaptación dalgúns seres vivos ao medio natural e a necesidade de emigrar por parte de outros para poder sobrevivir.


xoves, 22 de xuño de 2017

DATE AND WEATHER

O alumnado do CEIP Plurilingúe A Pedra, traballa dentro das rutinas diarias da clase de inglés a data e o tempo que vai cada día. Nestes videos pódese observar cal é o procedemento:

martes, 20 de xuño de 2017

PROXECTO INTERDISCIPLINAR METEOESCOLAS

Neste curso o alumnado de 6º de primaria do CEIP plurilingüe A Pedra de Bueu, dentro do programa Meteoescolas e a modo de proxecto de fin de etapa levou a cabo un traballo interdisciplinario onde interviñeron as áreas de Lingua Galega, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Matemáticas.



Utilizaron como instrumento de aprendizaxe significativo o traballo cooperativo, distribuíndose o alumnado en equipos de 3 ou 4 compoñentes.



Deste xeito traballaron os  estándares de aprendizaxe  que tiñan relación con:
O tempo atmosférico, instrumentos que serven para observalo, a garita meteorolóxica, a Lúa, factores que modifican o clima, os climas de España,  os fenómenos meteorolóxicos, a formación das nubes, acción do home no medio natural, necesidade de coidar o medio natural, os espazos protexidos.


Ademais, organizaron en  táboas as precipitacións mensuais recollidas cos datos observados polo alumnado na garita meteorolóxica do colexio nos 5 primeiros meses deste ano  e tamén calcularon as medias mensuais das temperaturas máximas e mínimas. Con toda esta información elaboraron e interpretaron un climograma comparándoo cos datos meteorolóxicos históricos de Bueu.


Tendo en conta que en expresión escrita estudaran a análise  e redacción de textos xornalísticos, presentaron a modo de reportaxe a información  recollida que acompañaron con imaxes.
Todos os traballos colocáronos no taboleiro de cadansúa clase para posteriormente podelos gravar e traballar así os estándares de aprendizaxe de expresión oral.

Todas e todos puxeron o mellor de seu e aínda que á hora de gravar houbo quen se puxo nervioso e  se equivocou, confiamos en que saberedes desculparnos.

E velaí vai o resultado de tanto traballo. Que o desfrutedes!








































mércores, 14 de xuño de 2017

WATER AND HOMES

Na clase de inglés estudamos cal é o percorrido da auga hasta que chega as nosas casas a través dunha lectura.
.

 Falamos da importancia da auga e a través dun video observamos que hai moitas maneiras de aforrar auga na nosa vida diaria
Finalmente investigamos cos nosos netbooks de que outros xeitos poderiamos contribuir nós e plasmamos nun folio todas as ideas que fomos descubrindo.




domingo, 11 de xuño de 2017

WHAT´S THE WEATHER LIKE TODAY?

Os nenos e nenas de 1º e 2º aprenden o tempo que fai na clase de inglés a través de actividades e fichas: