xoves, 10 de xaneiro de 2019

PROXECTO SOBRE A AUGA

O alumnado de 4º de primaria estivo investigando e traballando nun proxecto relacionado coa auga: o ciclo da auga, os seus estados, os ríos e as paisaxes.









Elaboraron un mural e por equipos fixeron moitas actividades que lles levaron a aprender moito sobre a importancia da auga na Terra.



Finalmente, entre todos crearon un xogo tipo TRIVIAL con preguntas para repasar todo o aprendido dunha maneira máis lúdica.