Amosando publicacións coa etiqueta Garita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Garita. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de decembro de 2019

O ALUMNADO DE 4º REXISTRA O TEMPO

O alumnado de cuarto tivemos a sorte de rexistrar o tempo no pasado mes de novembro.
Cada día, antes de entar nas aulas, acudiamos á caseta meteorolóxica e apuntabamos os datos da temperatura do termómetro de máximas e mínimas, os datos da presión atmosférica do barómetro. Apuntabamos a porcentaxe de humidade que nos daba o hygrómetro e a cantidade de precipitacións que sacabamos do pluviómetro.

Cos datos recollidos elaboramos un climograma:

 





Este foi o resultado final:

 Durante o mes vivimos situacións extremas, como a chegada dunha borrasca procedente de Groenlandia que activou varias alertas en Galicia por ondas grandísimas, fortes ventos, elevadas precipitacións e salientable baixada de temperaturas , con neve no interior da comunidade. Xa máis avanzado o mes outra forte borrasca de nome "Cecilia" trouxo moitísimas precipitacións, que provocou o desbordamento de varios ríos e o que máis nos chamou unha amplitude térmica de só dous graos (Maxima 15º e mínima 13ª).
Aproveitamos para facer lecturas comprensivas sobre o tema, que gardamos no noso caderno de texto.
O mes rematou, e xa non somos nós que rexistra e acude á caseta pero seguimos interesados no tema. Cada día traemos novas sobre o tempo que vemos na tele, recollemos nos xornais ou observamos.

mércores, 1 de maio de 2019

RECOLLIDA DE DATOS METEOROLÓXICOS

Durante os meses de marzo e abril, o alumnado de 1º estivo recollendo os datos da estación meteorolóxica. 



Atoparon todo tipo de fenómenos meteorolóxicos: chuvia, vento, sarabia, trebóns, arco da vella... Observaron tamén a lúa e aprenderon as súas fases.



Finalmente, rexistraron todos os datos no recuncho do Bibliocastelo destinado ás Meteoescolas. 
 


Gustoulles tanto observar o tempo que están desexosos de que a Meteocaixa volva ás súas aulas.
 

domingo, 10 de xuño de 2018

RECOLLIDA DE DATOS

Ao comezo de curso establécense quendas de aproximadamente 15 días cada unha para que os distintos niveis e grupos poidan recoller os datos meteorolóxicos na nosa garita.

A temperatura mínima e máxima, a pluviosidade e a velocidade do vento queda rexistrada no taboleiro que se atopa na entrada do colexio.

Eses datos anótanse despois na páxina de Meteogalicia para que quede constancia gráfica deles.

mércores, 30 de maio de 2018

O ALUMNADO DE INFANTIL VISITA A GARITA

Os nenos e nenas de infantil visitaron estes días a garita meteorolóxica para tomar nota do tempo.
Comprobaron a velocidade do vento

Tomaron notas da temperatura mínima e máxima.

   
Foi moi divertido!!!




Por último, anotaron os datos recollidos no taboleiro.


martes, 4 de abril de 2017

AS METEOESCOLAS E AS MATEMÁTICAS

Despois de recoller diariamente na garita meteorolóxica do colexio os datos de temperaturas e pluviosidade e a partir dos rexistros de temperaturas, os rapaces e rapazas de 2º practicaron matemáticas calculando as diferencias entre a temperatura máxima e mínima, os números negativos e aproximacións decimais.Así, tamén realizaron pequenos problemas relacionados cos días e os meses: Que día foi o máis caluroso? Que día fixo máis frío?


martes, 10 de xaneiro de 2017

RECOLLIDA DE DATOS

Estes días os encargados de visitar a nosa garita meteorolóxica e recoller os datos foron os rapaces e rapazas de 1º de Primaria.




domingo, 20 de novembro de 2016

"O TEMPO MADE IN BUEU" UN PROXECTO DE EXCELENCIA

O 17 de novembro varios mestres do CEIP P. A Pedra acudiron a unha xornada de formación en Meteogalicia, Santiago de Compostela.


Este proxecto vai máis alá da introdución de datos na rede de MeteoEscolas, é un proxecto multidisciplinar de meteoroloxía e climatoloxía, no que colaboramos por segundo ano consecutivo, dende todas as áreas do noso centro.


Nesta visita recibimos dous agasallos polo bo traballo feito durante curso 2015/16: 
  • Un diploma á Excelencia, concedido ao noso centro, polas estupendas actividades que levou a cabo o noso alumnado e profesorado
 
  • Un anemómetro  ou anemógrafo que é un aparato que se usa para medir a velocidade do vento e que xa ocupa o seu lugar na nosa caseta meteorolóxica.

Durante este novo curso escolar,  continuaremos traballando co noso alumnado neste proxecto,

luns, 17 de outubro de 2016

A NOSA METEOCAIXA

Este curso decidimos elaborar unha METEOCAIXA para gardar nela todos os documentos que teñan que ver coas METEOESCOLAS. 


No seu interior podemos atopar a guía de traballo para o profesorado de MeteoEscolas e as unidades didácticas proporcionadas dende METEOGALICIA.

Ademais contén  un documento informativo con instruccións a ter en conta á hora de observar o tempo na Garita Meteorolóxica: como tomar as temperaturas máxima e mínima, como baleirar o pluviómetro ou como rexistrar os meteoros.



Este outro documento explícanos como e onde debemos rexistrar os datos observados: as temperaturas, a cantidade de chuvia e os meteoros


 A partires de agora a nosa METEOCAIXA rotará polos distintos cursos para indicar o turno de recollida de datos ao grupo que a reciba.

domingo, 17 de abril de 2016

RECOLLIDA DE DATOS III

O alumnado de 4º tamén visita, nestes días, a nosa GARITA METEOROLÓXICA para recabar os datos  de temperatura (máxima e mínima) e pluviosidade. 



A continuación, anotan estes datos observados na ficha de datos meteorolóxicos correspondente.



Por último actualizan os datos da taboleiro cos datos recollidos.


xoves, 10 de marzo de 2016

VISITANDO UNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

O xoves 3 de marzo o alumnado de 1º e 2º de primaria visitou nos xardíns do PAZO DE LOURIZÁN  en Pontevedra unha estación meteorolóxica moito máis completa ca nosa do cole.


Tiña BARÓMETRO para medir a presión atmosférica, varios ANEMÓMETROS para medir a velocidade e o caudal do vento e tres PLUVIÓMETROS para recoller a auga da chuvia.


Explicaronlles que a recollida de datos faise de maneira automática e chega diariamente a METEOGALICIA.


domingo, 6 de marzo de 2016

RECOLLIDA DE DATOS II

Nesta quenda é o turno dos rapàces/as de 5º, todos os días á hora de entrar ao cole acompañados polo seu titor/a visitan a GARITA METEOROLÓXICA para recoller os datos.



Despois anotan estes datos observados na ficha de datos meteorolóxicos correspondente.




Por último actualizan os datos da taboleiro cos datos recollidos.