Durante os meses de marzo e abril, o alumnado de 1º estivo recollendo
 os datos da estación meteorolóxica. 
Atoparon todo tipo
 de fenómenos meteorolóxicos: chuvia, vento, sarabia, trebóns, arco da 
vella... Observaron tamén a lúa e aprenderon as súas fases.
Finalmente, rexistraron todos os datos no recuncho do Bibliocastelo 
destinado ás Meteoescolas. 
Gustoulles tanto observar o tempo que están 
desexosos de que a Meteocaixa volva ás súas aulas.









