mércores, 30 de marzo de 2016

INSTRUMENTOS METEOROLÓXICOS I

Os nenos e nenas de sexto cos ordenadores abalar buscan información sobre os instrumentos meteorolóxicos  e a súa utilidade.


Recollen a información da páxina da AEMET e elaborarn un texto con ela explicando que son e para que serve cada instrumento


Tamén realizan exercicios na mesma páxina para comprobar se entenderon o seu contido.


Cando o traballo estea rematado expoñerano na clase e responderán ás dúbidas dos seus compañeiros/as.


domingo, 13 de marzo de 2016

O CICLO DA AUGA

Os rapaces e rapazas de primeiro traballaron O CICLO DA AUGA na clase. Con este video do CEP Pedro Caselles Beltrán, repasaron moi ben o proceso aprendido. 


A continuación deseñaron os seus debuxos representando o ciclo da auga que espuxeron nun mural no corredor:





xoves, 10 de marzo de 2016

VISITANDO UNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

O xoves 3 de marzo o alumnado de 1º e 2º de primaria visitou nos xardíns do PAZO DE LOURIZÁN  en Pontevedra unha estación meteorolóxica moito máis completa ca nosa do cole.


Tiña BARÓMETRO para medir a presión atmosférica, varios ANEMÓMETROS para medir a velocidade e o caudal do vento e tres PLUVIÓMETROS para recoller a auga da chuvia.


Explicaronlles que a recollida de datos faise de maneira automática e chega diariamente a METEOGALICIA.


domingo, 6 de marzo de 2016

RECOLLIDA DE DATOS II

Nesta quenda é o turno dos rapàces/as de 5º, todos os días á hora de entrar ao cole acompañados polo seu titor/a visitan a GARITA METEOROLÓXICA para recoller os datos.



Despois anotan estes datos observados na ficha de datos meteorolóxicos correspondente.




Por último actualizan os datos da taboleiro cos datos recollidos.



sábado, 5 de marzo de 2016

AS GALLETAS E A LÚA

O alumnado de 5 anos realizou un divertido experimento empregando galletas Oreo.
A mestra explicoulles que a parte escura da galleta era a lúa xa que non ten luz propia e a parte branca representaba o reflexo da luz do sol na superficie lúar.


A continuación abriron as galletas pola metade e observaron a mancha branca que deixaba a nata en cada unha.
Todas eran diferentes!!! E comezaron a comparalas cos diferentes tipos de lúa: lúa chea, minguante, crecente... Foi moi divertido e aprenderon moito!!!


Finalmente xogaron a formar as distintas fases da lúa mentras ían mordendo as galletas para transformalas.


DESCUBRINDO A LÚA

 Os rapaces e rapazas de 5 anos xa levan un tempo traballando co tema da lúa na clase.

Investigaron sobre as distintas fases que amosa o noso satélite co paso dos días

Despois de debuxala e pintala comezaron a rexistrar nun calendario a súa evolución...


 ...comprobaron que cada sete días prodúcese un cambio de fase lúar.

mércores, 2 de marzo de 2016

LUADAS

Durante o mes de febreiro,  as clases de 2º curso, observamos e estudamos a Lúa.
Lemos un libro de divulgación sobre ela e expuxemos aos compañeiros e compañeiros oralmente.



Tamén fixemos un rexistro díario de luadas de febreiro.



Ademais aproveitamos para aprender refráns en relación co tempo metereolóxico e co mes de febreiro "DÍA DA CANDELARIA"


Debuxamos as distintes fases da Lúa.


Unha mañá de ceo azul do mes de febreiro, o mércores 3, saímos ao patio a observar a Lúa en fase minguante.


Para rematar o estudo elaboramos un mural saboroso e divertido onde reflectimos moitas cousas que sabemos sobre a Lúa. Aquí quedan algunhas fotos.



luns, 29 de febreiro de 2016

ROSALÍA E O TEMPO

Co gallo da celebración do 24 de febreiro "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO" traballamos algúns dos seus poemas relacionados co tempo: o sol, a lúa. os ríos... Despois de ler e traballar os poemas, colocamos varias estrofas nun mural no corredor:






FABRICANDO CHOIVA

O  alumnado de segundo de primaria, estivo experimentando cos estados da auga, como pasa do estado sólido ao líquido.


En familia tamén realizaron pequenos experimentos para crear "AUGA DE CHUVIA" seguindo unhas pequenas instruccións.



APRENDENDO CO TEMPO

Todos os días os nenos e nenas de primeiro, ademais de escribir a data nos seus cadernos, observan o tempo e anotan o símbolo climático correspondente a cada día.



 


Coa axuda das súas familias recolleron algúns refráns relacionados co tempo e despois de escribilos e decoralos, puxéronos nun mural no corredor.

"CANDO NON CHOVE EN FEBREIRO
NIN BO PARDO NIN BO CENTEO" 

"MARZO VENTOSO E ABRIL CHUVIOSO
FAN MAIO FRORIDO E FERMOSO"
 
"CANDO COMES COL ACÉRCASE O SOL"

"ABRIL FRÍO PAN E VIÑO"

 "ABRIL, AUGAS MIL"

"ANO DE NEVES, ANO DE BENS"