xoves, 30 de marzo de 2017

CLIMOGRAMAS DA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Un climograma é un gráfico de dobre entrada no que se representan as temperaturas e as precipitacións recollidas nunha estación  meteorolóxica.

   
Consultando os datos recollidos polos distintos grupos do noso colexio, os nenos e nenas de 5º elaboraron distintos climogramas de Bueu.


Para a elaboración dos climogramas seguimos os seguintes pasos:
1.    Fixemos un eixe vertical para representar as temperaturas (TºC), un eixe horizontal para representar os días do mes e outro vertical para representar as precipitacións (P mm).


2.    Sinalamos en cada eixe o que imos a representar coas súas unidades (graos centígrados e milímetros).


3.    Miramos a temperatura máxima que tiñamos que representar e a mínima, e fixemos o mesmo coas precipitacións para escoller as escalas axeitadas.


4.    A continuación, comezamos a representar con puntos as temperaturas no centro de cada día do mes e seguidamente unimos os puntos cunha liña vermella.


5.    Fixemos o mesmo coas temperaturas mínimas, pero agora unimos cunha liña verde.


6.    Representamos as precipitacións cunha barra azul en cada día do mes.
7.    Finalmente, indicamos o significado das diferentes cores utilizadas no noso climograma.






Ningún comentario:

Publicar un comentario