Utilizaron como instrumento de aprendizaxe significativo o traballo cooperativo, distribuíndose o alumnado en equipos de 3 ou 4 compoñentes.
Deste xeito traballaron os estándares de aprendizaxe que tiñan relación con:
O tempo atmosférico, instrumentos que serven para observalo, a garita meteorolóxica, a Lúa, factores que modifican o clima, os climas de España, os fenómenos meteorolóxicos, a formación das nubes, acción do home no medio natural, necesidade de coidar o medio natural, os espazos protexidos.
Ademais, organizaron en táboas as precipitacións mensuais recollidas cos datos observados polo alumnado na garita meteorolóxica do colexio nos 5 primeiros meses deste ano e tamén calcularon as medias mensuais das temperaturas máximas e mínimas. Con toda esta información elaboraron e interpretaron un climograma comparándoo cos datos meteorolóxicos históricos de Bueu.
Tendo en conta que en expresión escrita estudaran a análise e redacción de textos xornalísticos, presentaron a modo de reportaxe a información recollida que acompañaron con imaxes.
Todos os traballos colocáronos no taboleiro de cadansúa clase para posteriormente podelos gravar e traballar así os estándares de aprendizaxe de expresión oral.
Todas e todos puxeron o mellor de seu e aínda que á hora de gravar houbo quen se puxo nervioso e se equivocou, confiamos en que saberedes desculparnos.
E velaí vai o resultado de tanto traballo. Que o desfrutedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario