Seguindo coa dinámica da aprendizaxe por proxectos, o alumnado de cuarto realizamos o pasado trimestre un bonito traballo de investigación sobre METEOROLOXÍA. Todo xurdiu tras a visita que o alumnado de quinto nos fixo para entregarnos a CAIXA METEOROLÓXICA.
Dende ese momento comezamos a traballar. Cada día iamos visitar a caseta meterorolóxica.
Cos datos recollidos fomos elaborando o climograma de Bueu do mes de novembro.
Queriamos saber máis. Volvemos repartirnos en equipos e cada un realizou a súa parte.
- Tempo atmosférico e elementos que o determinan.
- Predición de tempo atmosférico e aparatos que se utilizan.
- Clima. Factores que o determinan e tipos.
- Cambio climático. Causas e consecuencias.
- Fenómenos atmosféricos adversos.
- Fenómenos atmosféricos misteriosos.
Comezamos a buscar información nos libros da biblioteca escolar ou nos que traiamos da casa. Internet tamén foi de gran axuda así que as visitas á aula de informática foron asiduas.
Aprendemos un montón e tivemos que compartir todos os nosos coñecementos cos nosos compañeiros/as:
Aprendemos un montón e tivemos que compartir todos os nosos coñecementos cos nosos compañeiros/as:
- Tempo atmosférico e os elementos que o determinan.
2-Predición de tempo atmosférico e aparatos que se utilizan.
3- Clima. Factores que o determinan e tipos.
Aplicamos o aprendido para facer ,de xeito, conxunto un comentario sobre o climograma de Bueu. Este foi o resultado das nosas conclusións.
Asemade, cada equipo investigou o tempo atmosférico dunha cidade, facendo tamén un comentario final.
- Clima de Vigo
- Clima de Santa Cruz de Tenerife
- Clima de Valladolid
- Clima de Walvis Bay
- Clima de Seattle
- Clima de Kiev
Ningún comentario:
Publicar un comentario