xoves, 25 de outubro de 2018

AMPLIAMOS O REXISTRO METEOROLÓXICO

Este curso o alumnado de infantil estreou un panel meteorolóxico na entrada do colexio. Nel atopamos á nosa mascota Papirus que nos presenta o proxecto das METEOESCOLAS.

Cun amplo sorriso e cuberto co seu paraugas, baixo o arco da vella ou rodeado de nubes, Papirus nos da a benvida á recollida de datos meteorolóxicos: temperatura e pluviosidade de cada día.


Un rexistro do que se vai facer cargo o alumnado de cada titoría en quendas semanais. 
Para ter constancia dos grados de temperatura compramos un termómetro que temos colocado no exterior do edificio.


Así mesmo reservamos un espazo para espoñer os nosos debuxos alusivos ao clima e outro para recortes de prensa que reflictan mapas meteorolóxicos dos que tamén facemos unha pequena interpretación na aula.

P


Ningún comentario:

Publicar un comentario