O alumnado de cuarto visitamos, o pasado 23 de outubro, a estación de tratamento de auga potabilizada de Pontevedra. 


A
 visita estaba programada dentro das actividades que sobre o proxecto da
 auga estamos realizando. O obxectivo era comprobar  que pasa coa auga 
unha vez que é captada no río ou nos encoros.
Cristina
 foi a nosa guía e explicounos, con moitísima amabilidade, que unha vez 
captada, a auga pasa por procesos como a batedora lenta e rápida, a 
flotación, a filtración con area ou a decantación. Remátase o proceso 
engadíndolle cloro e almacenándoa para ser trasladada en tubarías ata os
 nosos fogares, colexios, ...



Aproveitamos
 tamén a saída para ir coñecer o encoro do Pontillón de Castro. Soubemos
 que só se capta auga deste encoro se o río Lérez leva pouca.

Rematamos o día, indo merendar ao parque dos sentidos de Marín:

Así, si que é divertido aprender! 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario