Despois de recoller diariamente na garita meteorolóxica do colexio os datos de temperaturas e pluviosidade e a partir dos rexistros de temperaturas, os rapaces e rapazas de 2º practicaron matemáticas calculando as diferencias entre a temperatura máxima e mínima, os números negativos e aproximacións decimais.Así, tamén realizaron pequenos problemas relacionados cos días e os meses: Que día foi o máis caluroso? Que día fixo máis frío?
martes, 4 de abril de 2017
xoves, 30 de marzo de 2017
CLIMOGRAMAS DA NOSA ESTACIÓN METEOROLÓXICA
Un climograma é un gráfico de dobre entrada no que se representan as temperaturas e as precipitacións recollidas nunha estación meteorolóxica.
Consultando os datos recollidos polos distintos grupos do noso colexio,
os nenos e nenas de 5º elaboraron distintos climogramas de Bueu.
Para a elaboración dos climogramas seguimos os seguintes pasos:
1. Fixemos un eixe vertical para representar as temperaturas (TºC), un eixe horizontal para representar os días do mes e outro vertical para representar as precipitacións (P mm).
2. Sinalamos en cada eixe o que imos a representar coas súas unidades (graos centígrados e milímetros).
3. Miramos a temperatura máxima que tiñamos que representar e a mínima, e fixemos o mesmo coas precipitacións para escoller as escalas axeitadas.
4. A continuación, comezamos a representar con puntos as temperaturas no centro de cada día do mes e seguidamente unimos os puntos cunha liña vermella.
5. Fixemos o mesmo coas temperaturas mínimas, pero agora unimos cunha liña verde.
6. Representamos as precipitacións cunha barra azul en cada día do mes.
7. Finalmente, indicamos o significado das diferentes cores utilizadas no noso climograma.

Etiquetas:
5º,
Climogramas
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
luns, 20 de marzo de 2017
RECOLLIDA DE DATOS
Durante estes días o alumnado de 3º foi o encargado de recoller os datos da garita meteorolóxica.
Etiquetas:
3º,
Recollida datos
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
domingo, 5 de febreiro de 2017
INVESTIGAMOS SOBRE A AUGA
Os nenos e nenas de 2º investigaron sobre o ciclo da auga e a súa importancia para a vida.
Despois os rapaces e rapazas expresaron oralmente todo o proceso, e fixeron debuxos sobre o mesmo.
Tamén, falamos das propiedades da auga e reforzámolo cun anuncio moi popular “Be water, my friend” onde se destaca unha das propiedades da auga que é a súa adaptación a calquera forma:
Etiquetas:
2º,
Actividades,
Auga
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
mércores, 18 de xaneiro de 2017
Os nenos e nenas de 3 anos visitan a garita meteorolóxica do colexio
Os máis pequeniños do cole tamén se sumaron ao proxecto de meteoescolas e acompañados das súas mestras visitaron a garita meteorolóxica no patio de recreo de primaria.
Ademáis cada día, nas follas dun calendario ían pegando iconos co tempo que facía cada día: sol, nubes ou chuvia.
martes, 10 de xaneiro de 2017
RECOLLIDA DE DATOS
Estes días os encargados de visitar a nosa garita meteorolóxica e recoller os datos foron os rapaces e rapazas de 1º de Primaria.
Etiquetas:
1º,
Garita,
Recollida datos
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
luns, 28 de novembro de 2016
RECOLLIDA DE DATOS
O alumnado de 5º de Primaria estivo a cargo da recollida dos datos meteorolóxicos nestas semanas.
Comprobaron a cantidade de choiva recollida
A temperatura mínima e máxima
E para rematar anotaron os datos recollidos, no taboleiro da entrada do colexio.
Etiquetas:
5º,
Recollida datos
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
domingo, 20 de novembro de 2016
"O TEMPO MADE IN BUEU" UN PROXECTO DE EXCELENCIA
O 17 de novembro varios mestres do CEIP P. A Pedra acudiron a unha xornada de formación en Meteogalicia, Santiago de Compostela.
Este proxecto vai máis alá da introdución de datos na rede de MeteoEscolas, é un proxecto multidisciplinar de meteoroloxía e climatoloxía, no que colaboramos por segundo ano consecutivo, dende todas as áreas do noso centro.
Nesta visita recibimos dous agasallos polo bo traballo feito durante curso 2015/16:
- Un diploma á Excelencia, concedido ao noso centro, polas estupendas actividades que levou a cabo o noso alumnado e profesorado
- Un anemómetro ou anemógrafo que é un aparato que se usa para medir a velocidade do vento e que xa ocupa o seu lugar na nosa caseta meteorolóxica.
Durante este novo curso escolar, continuaremos traballando co noso alumnado neste proxecto,
luns, 17 de outubro de 2016
A NOSA METEOCAIXA
Este curso decidimos elaborar unha METEOCAIXA para gardar nela todos os documentos que teñan que ver coas METEOESCOLAS.
No seu interior podemos atopar a guía de traballo para o profesorado de MeteoEscolas e as unidades didácticas proporcionadas dende METEOGALICIA.
Ademais contén un documento informativo con instruccións a ter en conta á hora de observar o tempo na Garita Meteorolóxica: como tomar as temperaturas máxima e mínima, como baleirar o pluviómetro ou como rexistrar os meteoros.
Etiquetas:
Garita,
Recollida datos
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
domingo, 8 de maio de 2016
O TEMPO DE BUEU EN IMAXES
Despois de observar e tomar datos do tempo que fai en Bueu, pensamos que sería fantástico recoller os distintos fenómenos meteorolóxicos que se producen na nosa vila en fotografías.
O noso alumnado e as súas familias foron, coma sempre, moi participativos aportando preciosas imaxes que deixan constancia da marabillosa paisaxe que temos ao noso arredor.
O noso alumnado e as súas familias foron, coma sempre, moi participativos aportando preciosas imaxes que deixan constancia da marabillosa paisaxe que temos ao noso arredor.
Localización:
Bueu, Pontevedra, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)