O alumnado de 6º de Primaria da a coñecer o Proxecto das Meteoescolas "O tempo made in Bueu" a todo o alumnado do centro.
Para os máis pequeniños prepararon un percorrido polas distintas zonas onde está presente o proxecto.
No taboleiro da entrada explicáronlle os datos que estamos a recoller cada día: data, temperaturas máxima e mínima, pluviosidade e o estado do noso satélite (a Lúa)
Na sala polivalente contáronlle que "O tempo made in Bueu" é un proxecto de todo o centro polo que é preciso traballar en equipo e repartir as tarefas en distintos niveis.
Despois amosáronlles a parede onde se van colocar todos os traballos realizados polo alumnado.
Deste xeito e con todos os traballos expostos realizaremos unha aprendizaxe cooperativa expoñendo os distintos puntos traballados para poder así aprender xuntos.
Por último, todos xuntos visitamos a GARITA METEOROLÓXICA instalada no patio do recreo e explícanlle para que serven os dous instrumentos meteorolóxicos que se atopan no seu interior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario