QUE TEMPO VAI HOXE?
Os rapaces e rapazas de 5º de infantil están traballando na asamblea, dentro das súas rutinas diarias, a situación meteorolóxica de cada día.
Todos os días, empregando unha pegatina, fan constar nunha táboa, o tempo que fai: sol, choiva, nubrado ou sol con nubes.
Ao finalizar cada mes, analizan estes datos e van contando cantos días fixo sol, cantos choveu ou cantos estivo nubrado. Coas contas feitas, anotan nunha gráfica a información meteorolóxica.
Por último pasan os datos a unha táboa anual, que lles permitirá facer unha representación gráfica e unhas estatísticas do tempo que houbo en Bueu durante o curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario