Os nenos e nenas de cuarto investigaron as peculiaridades do tempo atmosférico en Bueu e a súa comarca, velaquí algúns ditos e sentenzas que recolleron relacionadas co tema:
SEMBLANTE DE CABALO, VENTO SUR DECLARADO.
NÉBOAS NA ARMENTEIRA, CHUVIA NA RIBEIRA.
(Se non se ve o outro lado da ría, vai vir chuvia seguro)
CANDO BERRA AGRELO CUBRE O CAPELO.
(Vai vir chuvia).
BERRA LAPAMÁN, TEMPO NA MAN, COLLE A LEÁ E COCE O PAN.
(Nortada)
VENTOS DAS ILLAS DE ONS, MALOS SON.
SE RONCA A AREA DE BON, CAMBIOS DE TEMPO SON.
BATE NO CABALO, MALO, MALO.
CEO PEDRENTO, OU CHUVIA OU VENTO.
NORTE E LÚA CLARA, MARIÑEIRO DÉITATE NA CAMA.
NORTE ESCURA, VENDAVAL SEGURO.
VENTO DE TRAVESÍA, CARALLADA TODO O DÍA.
VENTO DO MAR E CHUVIA DA RÍA, FANDANGO TODO O DÍA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario