O alumnado de sexto investigou sobre as distintas paisaxes que podemos atopar.
O proceso de investigación foi o seguinte:
1. Formáronse equipos para a elaboración do traballo.
2. A mestra repartiu diferentes imaxes nas que viñan representadas diferentes paisaxes.
3. Os equipos debían investigar, en primeiro lugar, se se trataba dunha paisaxe de clima frío, cálido ou temperado.
4. A continuación, tiñan que adiviñar como se chamaba a paisaxe da imaxe e posteriormente facer unha busca de información.
5. Despois, seleccionaron a información máis relevante e así redactaron as características da paisaxe, así como a fauna e flora máis significativa do lugar.
6. Por último, plasmaron toda a información nunha cartolina e expuxeron aos seus compañeiros/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario